Pablo Chiapella súbese ao escenario do Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O sábado 3 ás 20:30 horas o actor Pablo Chiapella, coñecido por dar vida a Amador na serie ‘La que se avecina’ presenta o espectáculo: ‘Sí, soy el señor’. O domingo 4 ás 19.00 horas a compañía Ibérica de Danza presenta o espectáculo ‘Iberdanza’, unha selección de coreografías de ‘Ibérica, 20 años en danza’, que no 2013 estivo nomeado a 5 Premios MAX.

Ibérica de danza

Manuel Segovia – Premio Nacional de Danza á Creación 2001 e Premio Villa de Madrid á Coreografía 2004- e Violeta Ruíz del Valle crearon en 1993 a compañía Ibérica de Danza, caracterizada pola investigación, defensa e recreación do patrimonio cultural español. En ‘Iberdanza’ sete bailaríns interpretan un amplo abano de ritmos e melodías de grandes músicos internacionais como Eliseo Parra, Javier Paxariño ou Radio Tarifa inspirados nos diferentes estilos da danza española estilizada, dende o folk ao flamenco.

Aproveitando a súa estadía na Coruña Manuel Segovia impartirá unha masterclass no Teatro Colón o sábado 3 de outubro de 11:30 a 13:00 horas. As persoas interesadas en inscribirse poden dirixirse ao Teatro Colón e informarse a través do 981 223 258 ou do correo electrónico: produccion@teatrocolon.es. O prezo da masterclass é de 15 €, aquelas persoas que teñan entrada para ver o espectáculo o domingo poderán acceder gratuitamente.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. 

2 de outubro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.