Outono Cultural en Rianxo
VENRES 23 DE OUTUBRO. 19.00 h – Biblioteca Pública “Castelao”. CONTACONTOS FAMILIAR: Por que é salgada a auga do mar por Os Quinquilláns
A Tripulanta Rías e o Tripulante Norai son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas, pero ela fai máis caso dunha lenda cuxos protagonistas viviron hai moito tempo nas proximidades da biblioteca onde se celebra o espectáculo. Tras representar a lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños, levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos.
VENRES 23 DE OUTUBRO. 20.30 h – Centro Sociocultural do Araño. NOITE DE CINE: Oz, un mundo de fantasía
Oscar Diggs, un mago de circo de pouca monta e de dudosa reputación, é tirado dende a polvorenta Kansas ó relucente País de Oz. Está convencido de que lle tocou o premio gordo e que a fama e a fortuna está ó seu alcance. Pero as cousas cambian cando coñece a tres bruxas: Theodora, Evanora y Glinda, que non están nada convencidas de que Oscar sexa o gran mago que todo el mundo estaba esperando. Ó seu pesar, Oscar debe enfrentarse ós enormes problemas que ten o País de Oz e aos seus habitantes, e terá que descubrir quenes están do seu lado e quenes son os seus inimigos antes de que sexa demasiado …
SÁBADO 24 DE OUTUBRO. 11.00 a 14.00 h – Biblioteca Pública “Castelao”. ACTIVIDADES SOBRE O MAR NA BIBLIOTECA PÚBLICA CASTELAO
Visitas guiadas á biblioteca e presentación dos libros, máis de 250 exemplares diferentes, obtidos grazas o Premio Maria Moliner 2014 outorgado á Biblioteca Pública Castelao pola súa labor na animación á lectura.
Obradoiros sobre o mar coa colaboración do Club Náutico de Rianxo e o Colectivo Artesán Ondiñas Mainas
Exposición de fondo sobre o mar con material cedido polo Museo do Mar de Rianxo