Os veciños de Gondomar descobren os encantos de Extremadura
O Concello de Gondomar dende a Concellaría de Servizos sociais, organizou ó inicio de outubro unha viaxe a Extremadura para maiores de 55 anos, onde participaron 50 persoas xunto coa concelleira Rocío Cambra.
A viaxe transcorreu nos días do 5 ao 11 de outubro e o percorrido levounos a distintas vilas e cidades da Comunidade Autónoma.
No mesmo día de partida visitouse Plasencia, o 6 de outubro día completo para visitar Trujillo, berce de descubridores, e Guadalupe, onde se encontra o “Real Monasterio de Santa María de Guadalupe”; ó día seguinte Mérida, cidade Romana onde pode atoparse un dos conxuntos romanos máis relevantes de Europa e Almendralejo coñecido polo seu viño e aceite, o día 8 Comarca de la Vera e Valle del Jerte, moi coñecido pola cereixa; como fin do intinerario visitouse Cáceres, declarada pola UNESCO patrimonio da humanidade no ano 1986 e Hervás, unha vila con sabor xudeu.