publicidade hoxe

Os veciños da Rúa Galicia móstranse satisfeitos cas solucións ofertadas polo alcalde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Reunión do alcalde cos veciños da rúa Galicia

Reunión do alcalde cos veciños da rúa Galicia

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega mantiña este xoves unha reunión cos veciños da rúa Galicia, co fin de exporlles o proxecto que o concello ten para esa zona, que dende hai anos sufre constantes cortes de auga, roturas de tuerías, levantamento de calzada e rotura de beirarrúas. 

Fumega sinalaba que o principal problema de toda esa rúa é a existencia dunha rede de abastecemento moi antiga, que tivo que ser renovada hai anos, e que o actual grupo de goberno procederá a renovar. Neste proxecto de renovación inlcuirase a colocación de novas tuberías que garanticen o servicio os veciños, así como a mejora das bairarrúas, moi dañadas polas constantes roturas e reventones.

Así mesmo o alcalde quiso coñecer tamen de primeira man as peticións dos veciños desa rúa, que acudiron a esta cita co alcalde nun número superior os 50. Estes veciños solicitaron o rexidor una mellora na iluminación pública, así como a execución das obras necesarias para mellorar a recollida de pluviais que, na actualidade, é defectuosa e provoca inundacións en algunos puntos desta rúa.

Francisco Fumega recolleu todas estas peticións para incorporar o proxecto de mellora de toda esa rúa, e na xornada do venres solicitou xa o permiso a Deputación Provincial de Ourense, propietaria da rúa, para iniciar canto antes todos estes traballos. 

Os veiños, o finalizar a reunión, agradecieron o alcalde e o seu grupo a sensiblidade mostrada con eles e ca problemática que lles afectaba dende hai anos.

23 de outubro de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.