publicidade hoxe

Os traballos de Gas Natural no Grove chegan á Rúa Luis Seoane

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

As obras de instalación de conductos que Gas Natural Galciia está a realizar dende as meses téñense programado para provocar as menores modificacións posibles de tráfico. Deste xeito, logo de reducir o traballo no mes de agosto e traballar en zonas “periféricas” durante a Festa do Marisco a partires do vindeiro luns será necesario emprender de novo traballos en rúas centrais da vila.

Deste xeito o día 19 procederase ó peche da rúa Luis Seoane, peche que, segundo a empresa encargada de realizar as obras, deberá rematar o venres desa mesma semana. Dende o Concello do Grove tense coordinador coa Policia Local un plan de desvío do tráfico que supón que o mesmo deba circular pola Rúa da Praza ata o Corgo para poder subir por Luis A. Mestre. 

O Concello do Grove agradece a comprensión e a colaboración dos veciños durante estes días para tentar que os incomodos sexan os menores posibles. 

15 de outubro de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.