publicidade hoxe

Os praceiros da Guarda fórmanse en coaching e mentoring

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Primeira sesión de coaching e mentoring

Primeira sesión de coaching e mentoring

Os praceiros do Concello da Guarda recibiron a primeira das sesións de formación de coaching e mentoring programadas dentro da partida para a reforma da Praza de Abastos. Estes traballos e a formación están subvencionados tanto polo Concello coma pola Xunta de Galicia.

Nesta primeira sesión, que tivo lugar o venres 16 de outubro, participaron 15 praceiros da Guarda.

Os encargados de presentar esta iniciativa foron o alcalde guardés, Antonio Lomba e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes. Ambos coincidiron na importancia da formación para sacarlle un maior beneficio ao traballo.

A formación, que estivo impartida polo profesional Pedro Rodríguez, tivo unha duración aproximada de tres horas. Durante este curso os praceiros tiveron a oportunidade de coñecer novas técnicas de venta e de atención ao cliente e sobre a concienciación do traballo en equipo e a conciencia grupal. A aceptación nesta formación, que foi sobre todo práctica, foi moi boa entre todos os participantes.

Próxima data

O próximo luns 26 ás 17 horas, está programada outra formación. Nesta ocasión o tema a tratar é “Visual Merchandansing”, clase na que os praceiros aprenderán a colocar o seus produtos para facelos máis atractivos para a súa clientela.

Están invitados a participar nesta formación todos os praceiros que traballan na Praza de Abastos guardesa.

Obras

As obras de reforma e mellora da Praza de Abastos continuarán durante todo o mes de outubro. Estes traballos son compatibles co bo funcionamento da praza polo que se manterá aberta.

22 de outubro de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.