Os pasteleiros ourensáns entregaron 2628 euros a Down Ourense

Entrega do cheque
En total foron 2628 euros os que esta mañá o presidente dos pasteleiros ourensáns, Martín Sousa, entregaba a Mara Prieto, presidenta de Down Ourense, cantidade recadada coa venda da Chocolatina Solidaria o pasado 3 de outubro. Durante o acto de entrega, os dous representantes mostráronse moi satisfeitos co resultado, do mesmo xeito que destacaron e agradeceron a colaboración de todos os ourensáns que compraron a chocolatina.
Martín Sousa asegurou que a iniciativa ‘tivo gran aceptación e foi unha marabilla participar en ela’ mentres que Mara Prieto destacou a ‘implicación de todo o mundo, sobre todo dos pasteleiros, que se mostraron abertos a participar desde o primeiro momento’. A cantidade recadada -algo máis do previsto inicialmente xa que algúns compradores aproveitaron para facer unha doazón- servirá para mellorar o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal desta asociación, que dá asistencia a medio centenar de familias ouresanas.











