Os nenos de Mos teñen unha cita cos Bolechas o vindeiro sábado no Multiusos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil Kely Monzón, trae a Mos o espectáculo ‘Os Bolechas na máquina do tempo’, enmarcada dentro do programa “Ocio en familia”.

Os Bolechas propoñen unha nova actividade que mestura teatro e concursos para nenos de 3 a 12 anos.

Co descubrimento dun estraño aparello comeza esta actuación, que terá lugar o sábado 24 de outubro ás 12.00 horas, no Multiusos das Pozas. A entrada é libre e de balde para tódolos cativos e as súas familias interesados en asistir.

20 de outubro de 2015 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.