publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os maiores de Oroso descobren os beneficios da musicoterapia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Sesión de musicoterapia

Sesión de musicoterapia

Unha quincena de maiores de Oroso participou na primeira sesión dos “Martes saudables” deste curso, que este mes estiveron dedicados á musicoterapia. Impartida por especialistas da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, os asistentes coñeceron o valor da música para mellorar a súa coordinación física e tamén exercitar as súas mentes, xa que traballan os seus recordos tanto para identificar as cancións que mais lles gustan como á hora de lembrar as letras para poder cantalas.

Tras unha breve introdución teórica, na que os maiores de Oroso reflexionaron sobre a música, o silencio e o ruído; os cantos e bailes convertéronse nos protagonistas da xornada. Así, os maiores identificaron distintos estilos de música e remataron a xornada cantando e bailando en grupo. 

As próximas citas dos “Martes Saudables” serán o 3 de novembro, coa charla “A túa saúde da cabeza aos pes”, e o 1 de decembro, coa charla “Coñecer os recursos sanitarios”, impartida por expertos da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria. A entrada é libre e de balde, aínda que por razóns de loxística é preciso confirmar asistencia nos Servizos Sociais de Oroso (rúa do Deporte, 9) ou chamando ao teléfono 981 688 950.

8 de outubro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.