Os lalinenses poderán comprobar o censo electoral do 2 ao 9 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O persoal das oficinas do Rexistro Xeral do Concello de Lalín informou hoxe de que o censo electoral correspondente ás eleccións xerais do próximo 20 de decembro, referido ás mesas electorais do municipio, estará exposto para a súa comprobación e posibles reclamacións entre o 2 e o 9 de novembro nas oficinas xerais do Concello.

O censo comprende ás persoas con nacionalidade española maiores de idade, que figuraban inscritas no Padrón de Habitantes de Lalín a día 1 de agosto do presente ano. É conveniente que comproben a súa inclusión no censo electoral, sobre todo, aquelas persoas que cumpriron ou cumpran os 18 anos de idade dende as últimas eleccións do 24 de maio ata as próximas do 20 de decembro. Tamén deben revisar as listas os cidadáns que se empadroron en Lalín dende o 1 de xaneiro de 2015 ata o 31 de xullo deste mesmo ano, así como aqueles que nos últimos anos adquiriron a nacionalidade española. 

30 de outubro de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.