publicidade hoxe

Os alumnos de 1º da ESO do IES de Mos serán informados dos servizos da OMIX

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concelleira de Educación e Participación Cidadá,  Kely Monzón,  xunto cos técnicos do Concello (a psicopedagoga, o educador e a auxiliar administrativa), presentarán a Oficina Municipal de Información Xuvenil  ó alumnado de 1º da ESO do IES de Mos, para que coñezan todos os servizos que esta lles ofrece, o persoal do que dispoñen, o tipo de actividades que se ofertan, así como os diferentes departamentos da concellería de  Educación e Participación Cidadá.

Tratarase dunha única intervención por cada dous grupos, cunha duración aproximada de 40 minutos cada unha, que se realizará no propio salón de actos do Instituto de Ensinanza Secundaria.

Os grupos C e D de 1º da ESO terán a súa sesión o vindeiro martes 3 de novembro ás 9.20 horas, e os grupos A e B de 1º da ESO recibirana o mércores 4 de novembro ás 10.25 horas.

30 de outubro de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.