publicidade hoxe

Oroso organiza unha excursión para xogar aos birlos en Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso organiza unha excursión á boleira Solbowling Santa Cristina (Oleiros), que terá lugar o sábado 31 de outubro. Unha iniciativa totalmente de balde e dirixida a veciños e veciñas maiores de 12 anos que se anoten no centro cultural Fernando Casas e Novoa (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, e martes e xoves de 17:00 a 20:00 horas) ou chamen ao teléfono 981 690 903. Solbowling Santa Cristina conta cunhas instalacións de 2.000 m2 no municipio coruñés de Oleiros con 14 pistas de bowling Brunswick, cafeteria-restaurante e billares Brunswick.

23 de outubro de 2015 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.