publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Oroso organiza un espectáculo de poesía sensorial dirixido a bebés e as súas familias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso organiza un espectáculo de poesía sensorial dirixido á primeira infancia, é dicir, bebés e nenos/as de ata catro anos que terá lugar o próximo sábado 7 de novembro, ás 12:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente no centro cultural (981 690 903) xa que o aforo é limitado.

Teatro da Semente presentará “Chíos”, trinta minutos de poesía sensorial para bebés e pais/nais acompañantes, con cancións, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. As actrices Raquel Queizás e Chus Álvarez ofrecerán un espectáculo para que os pequenos aprendan a descubrir o mundo a través dos sentidos, gozando coa música e as palabras, destacando a importancia do lúdico e do contacto directo coa natureza. 

29 de outubro de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.