O proxecto gastronómico Ruralmente para a promoción de produtos de calidade do sector lácteo e da castaña chega a Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Coruña será a sede de Ruralmente, un novo proxecto gastronómico mediante o cal se pon en valor produtos de calidade superior e diferenciados, procedentes do rural galego. O local situado no número 21 da Avenida da Mariña acollerá o vindeiro luns, 12 de outubro, ás 18.00 horas a presentación deste novo concepto. Así, as entidades Bico de Xeado, Granxa o Cancelo, Castañam e Secreto Galaico  únense para pór en valor a súa materia prima: o leite fresco pasteurizado, a castaña e embutido; a partir da cal elaboran variedade de produtos controlando directamente todo o seu proceso, desde a orixe até a súa chegada ao consumidor final.

Ruralmente parte da unión deste conxunto de pequenas empresas do agro galego que aúnan “tradición, calidade, mocidade, forza e ambición, sempre coa referencia e ADN da tradición dos seus antepasados”. Rubén Riós, de Castañam e Segredo Galaico, Jesús Otero, de Bico de Xeado, responsables de Ruralmente, e José María Calo Faraldo, presidente da Cooperativa agraria provincial da Coruña, serán algunhas das personalidades presentes no evento. Neste daranse cita ademais representantes do mundo da cultura, deporte e o sector empresarial vinculado ao rural galego.

O público asistente á inauguración poderá degustar gratuitamente maridaxes dos produtos elaborados por devanditas firmas. Xeado, empanadas e embutidos serán algúns dos produtos cos que se deleitarán os padais de todos aqueles que se acheguen a coñecer este singular concepto para a posta en valor do rural galego. Pero non se trata dun pan ou xeados comúns, e é que Castañam é pioneiro no emprego de fariña de castaña para elaborar as súas empanadas e pan. O mesmo sucede cos xeados de Bico de Xeado, caracterizados por estar elaborados integramente de leite procedente da  súa propia granxa, O Cancelo, sen base acuosa, gozando dunha gran cremosidade e sabor auténtico do produto ao cal referencian (chocolate, fresa, nata..etc) 

De feito, desde Ruralmente, argumentan que o seu equipo está integrado por profesionais procedentes de diferentes ámbitos laborais e sectores produtivos, unidos pola súa admiración polo rural galego. Deste xeito a súa vocación, segundo afirman, é “respectar os valores da tradición agroalimentaria con dúas premisas fundamentais: soñar e reinventar”

8 de outubro de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.