publicidade hoxe

Opcións de horario no curso de cestería de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

No centro social temos previsto comenzar un novo curso de cestería. Vaise a traballar con médula , un material moi agradecido que  unha vez mollado é moi flexible e permite ás  máns traballar con gran rapidez. Pódense elaborar obxectos moi diferentes: bandexas, sombreiros, bomboneiras, forrar espellos, papeleiras, forrar botellas , maceteiros …. A monitora que imparte este curso é Pilar Campos que conta cunha gran experiencia nesta artesanía e que explicará ó alumnado as diferentes formas de comenzar, o trenzado, a mezcla de elementos, os remates, o diseño de pezas…. o espertar afición por un oficio que se está a perder.

O curso vai ter unha duración de dous meses, e ten un coste por mes de 45 euros xa incluido o material.

 O curso está prantexado como segue:

HORARIO: Os sábados de 6 a 9 da noite na biblioteca de Campelo ou os martes de 10.30 a 13.30 h. no centro social “casa rosada”

DURACIÓN: 2 meses- 8 sesións ( puidéndose prorrogar si o alumnado o solicita)

PREZO: 45 € /mes ( con material incluído)

COMENZO: ó cubrir as prazas

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: 986872401 ( casa rosada)

Este curso está organizado pola concellaría de benestar social do concello de Poio.

15 de outubro de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.