Oché Califa visita Santiago para avanzar nos preparativos da participación galega na Feira internacional do libro de Buenos Aires
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo hoxe un encontro co director da Feria Internacional do Libro de Buenos Aires, Oché Califa. Durante a xuntanza abordouse a participación de Galicia no evento, así como o papel de Santiago de Compostela como cidade convidada. Na reunión participaron tamén o alcalde da capital galega, Martiño Noriega, e mais o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.











