O xogador David Palmas do Santiago Futsal foi operado con éxito
O xogador David Palmas foi intervido esta mañá polo Doutor Arriaza, quen lle realizou unha ligamentoplastia do ligamento cruzado anterior con tendón do cuádriceps.
A intervención foi realizada con éxito e o xogador atópase estable, segundo informan os servizos médicos do club. David Palmas estará, polo menos, seis meses de baixa tras esta operación.











