O teatro de Malasombra chega a Ribadumia
O Auditorio Municipal de Ribadumia abre este domingo as súas portas para a acoller unha obra de teatro que correrá a cargo da compañía Malasombra.
A compañía presenta nesta ocasión unha cómica novela de aventuras no espazo galego titulada “Go on!”. A historia relata a chegada do home a Galicia. “No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso) dous intrépidos exploradores tiveron o valor de entrar nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea”.
A comedia, dirixida por Marcos Orsi e interpretada por Xoque Carbajal e Jouse García, chegará ao Auditorio Municipal de Ribadumia este domingo 4 de outubro a partir das 19:00 horas.
A entrada é libre.