O Teatro Colón estrea o Don Juan Tenorio en Femenino este venres 30

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O Teatro Colón estrea este venres 30 ás 20:30 horas a montaxe ‘Don Juan Tenorio en Femenino’ que puxo en marcha coa colaboración e implicación dunha serie de entidades e institucións do ámbito local. O sábado 31 ás 20:30 horas haberá outra función, despois a peza representarase o domingo 1 no Pazo da Cultura de Narón.

O proxecto naceu como unha acción formativa para actrices amateurs ou en proceso de formación. Para afondar nesta aprendizaxe organízanse nos días previos á estrea unha serie de actividades gratuítas e abertas ao público. O mércores 28 ás 19:00 horas Violeta Bellas, profesora de Lengua e Literatura no IES María Casares de Oleiros, fará un percorrido polas distintas interpretacións literarias deste clásico. O xoves 29 ás 19:00 horas a profesora María Xosé Taboada, docente no mesmo centro de Oleiros, moderará unha mesa redonda na que abordará o Romanticismo, o macabro na literatura da época e a súa presenza na literatura galega.

Un Don Juan Tenorio visto por mulleres

Un equipo integrado exclusivamente por mulleres pon en escena esta montaxe na que se una a innovación teatral – mediante a adaptación do texto e a posta en escena con linguaxes contemporáneas- e a acción social –a través da colaboración con distintas empresas e entidades do noso entorno socioeconómico-. A peza é o resultado dunha serie de obradoiros e cursos impartidos a actrices non profesionais ou en proceso de formación.

Ana del Valle é a encargada da dirección de escena da obra, da que confesou que é todo un reto profesional. Plantexa este Don Juan Tenorio como unha ponte entre a innovación e o clásico, respectando o verso e xogando coa forza dunha obra clásica e coñecida polo público.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. 

27 de outubro de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.