O Santiago Futsal xogará procurando a primeira vitoria ante UMA Antequera
A sétima xornada de Liga chega ao Multiusos Fontes do Sar, e con ela o encontro no que o Santiago Futsal recibe a un dos equipos ascendidos á categoría, UMA Antequera. Os santiagueses teñen claro o seu obxectivo neste encontro, no que se espera que a esixente liña de traballo que os celestes amosaron ante os ‘grandes’ de os seus froitos coa primeira vitoria da tempada.
Despois de superar o difícil comezo de competición, cos encontros ante os tres favoritos ao título de Liga: Movistar Inter, El Pozo Murcia e FC Barcelona, agora o calendario dá unha tregua ao conxunto celeste. Mediranse a UMA Antequera na 7ª xornada, viaxarán a Tudela para enfrontarse a Ribeira Navarra na 8ª e recibirán a Palma Futsal en Sar na 9ª; equipos, a priori, co mesmo obxectivo que o Santiago Futsal: lograr a clasificación para Play Off e Copa.
Os guerreiros celestes chegan a este encontro na décimo sexta posición da táboa con 3 puntos no seu marcador, tras os tres empates acadados ante Peñíscola RehabMedic (4-4 na 1ª xornada), Magna Gurpea (4-4 na 2ª xornada) e El Pozo Murcia (2-2 na 5ª xornada). Pola súa banda, os malagueños ocupan a duodécima praza con 4 puntos, só un máis que os celestes, ao empatar ante Catgas E.Santa Coloma na 5ª xornada e superar a Xaén Paraíso Interior 5-6 na 6ª. A pasada xornada caeron ante Peñíscola RehabMedic por 2-5.
Esta será a primeira vez que santiagueses e malagueños véxanse as caras en partido oficial. Tras o ascenso de UMA Antequera esta tempada á LNFS, o equipo dirixido por ‘Moli’ visitará o Multiusos Fontes do Sar por primeira vez na historia do conxunto andaluz.
Para o encontro de mañá, Santi Valladares non poderá contar con Pablo Tallón, que segue co proceso de recuperación da luxación de ombreiro da que foi operado; nin con David Palmas, tras confirmarse que sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior e terá que ser intervido cirurxicamente. Por outra banda, é dúbida para o encontro de mañá o gaditano Catela, ao non ter aínda a alta médica.











