O Santiago Futsal buscará o venres a primeira vitoria ante a súa afección

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

A ‘Liga’ do Santiago Futsal comeza este venres coa 7ª xornada de Liga. Tras os seis primeiros encontros da competición, nos que os celestes xa se mediron aos tres favoritos ao título de Liga e Copa, reciben agora ao conxunto malagueño da Primeira División.

Tras o encontro do pasado venres ante FC Barcelona Lassa, partido no que os de Santiago foron por diante no marcador ata a remontada blaugrana no minuto 36 e que puxeron aos locais en serios apuros para que puidesen lograr vitoria, este venres mediranse ao recentemente ascendido UMA Antequera, equipo que se sitúa na 12ª posición con 4  puntos, só un máis que os celestes.

Para o encontro do venres, os guerreiros celestes saben que contarán co apoio incondicional da súa afección, unha afección que xornada tras xornada alenta aos xogadores e acompáñaos en cada encontro tanto en casa como de visitantes.

As entradas para o encontro do venres manteñen os prezos: 10€ Adulto, 5€ Xuvenil (13-17 anos) e 2€ infantil (menores de 13 anos). Os abonados accederán de maneira gratuíta.

19 de outubro de 2015 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.