O Rio Natura Monbus Obradoiro suma a #ocamiñoilusion unha nova pena: Miudiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro contará a partir de agora cunha nova peña de afeccionados: “Miudiños”. Os xa máis de 70 membros da mesma súmanse así como colectivo a #ocamiñodailusion.

Os novos peñistas estiveron apadriñados na súa presentación polo xogador Jesús Chagoyen, cuxa familia tamén se sumou aos Miudiños. Tampouco faltaron Pepe Pozas e Fran Cárdenas, así como os tres técnicos do Rio Natura Monbus Obradoiro: Moncho Fernández, Gonzalo R. Palmeiro e Víctor Pérez.

A idea de crear a agrupación xorde, como explica a súa presidenta Susana Botana, porque “moitos de nós xa eramos amigos ou coñecidos, de vernos en Sar animando ao equipo desde que está en Liga Endesa. O ano pasado falámolo, para xuntarnos cando o equipo xogue fose, facer ceas e outras actividades”. Ademais diso, moitos son “pais e nais de nenos das categorías basee do club, outro punto máis a favor para unirnos apoiándoo”, engade. 

Aínda que a maioría dos peñistas están situados en Fondo 2, tamén os hai noutras seccións do pavillón, polo que “estamos abertos a recibir a calquera, queira seguir no seu sitio habitual ou con intención de reagruparse nalgún momento”, declara.  Para sumarse á pena ou recibir información sobre as súas futuras actividades, poderase contactar con eles a través do correo electrónico da súa presidenta: susanabotanaperez@gmail.com. 

Os Miudiños nacen con “moita ilusión” posta na tempada. “Iremos paso a paso co equipo, pero ten moi boa pinta”, afirma. 

Deste xeito, a nova peña únese ás cinco xa existentes: All Sar, Eskornabois, Obracadabra, Obraiados e Zona Norte, que tamén se atopa en proceso de captación de novos membros xunto ao seu patrocinador Blusens

29 de outubro de 2015 | 20:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.