O Rio Natura Monbus Obradoiro homenaxeará ao árbitro Alberto Castro ante o CAI Zaragoza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro homenaxeará a Alberto Castro, colexiado da Federación Galega de Baloncesto no partido deste sábado (20.00 horas – non televisado) ante CAI Zaragoza.

Castro anunciou a súa retirada como árbitro hai unhas semanas cunha  carta aberta aos seus compañeiros, tras case tres décadas na profesión. Nela agradece persoalmente a amizade a compañeiros da profesión  e asegura que espera de todos os xeitos “seguir escribindo páxinas por moitos anos. E, quen sabe, se o baloncesto e a arbitraxe poidan volver ser protagonistas en maior ou menor medida das liñas que aínda me queden por encher”. Agora, recibirá este sábado o recoñecemento de Sar polos seus anos de dedicación e compromiso co baloncesto galego e español.

As entradas para este encontro ante os maños xa están á venda cun prezo xeral de 19 euros en Fondos, 25 en Tribunas 2, 29 en Tribunas 1 e 35 en Tribunas Retráctiles. Terán Prezos Reducidos os menores de 18 anos, estudantes menores de 25, parados de longa duración (máis de 6 meses), federados do ámbito do baloncesto e maiores de 65 anos. En todos eses casos, o prezo queda en 15 euros en Fondos, 19 en Tribunas 2 ou 25 euros en Tribunas 1.

As entradas pódense comprar desde xa mesmo mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou en oficinas, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Os Amigos da Fundación Heracles, pola súa banda, poderán escoller o encontro, segundo da tempada como locais, para retirar as dúas invitacións que lle corresponden nun dos tres primeiros en Sar.

Todo aquel que queira utilizar esta terceira xornada para probar o ambiente de Sar comprando a súa entrada, poderá abonarse posteriormente tendo o desconto do importe da mesma no abono, só con presentala no momento de realizalo.

21 de outubro de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.