O Programa Municipal de Educación Viaria formou a 9.000 alumnos en 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Caballero na visita ao colexio Santiago Apóstol

Caballero na visita ao colexio Santiago Apóstol

O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao colexio Santiago Apóstol onde alumnos de 4º da ESO participaban no Programa Municipal de Educación Vial impartido pola Policía Local. No ano 2014, foron preto de 9.000 vigueses os que recibiron formación en actitudes viais responsables.

Alumnos de entre 15 e 16 anos do Colexio Santiago Apóstol recibiron esta mañá de martes a visita da Policía Local quen lles impartiu unha sesión formativa co obxectivo de fomentar actitudes viais responsables. Ese é o propósito do Programa Municipal de Educación Vial que no ano pasado achegouse e preto de 9.000 alumnos, repartidos en 215 colexios, centros de saúde, centros municipais de distrito, asociacións veciñais, escolas infantís, entre outros.

Este cursiño permite ao alumno coñecer e experimentar a influenza que teñen as distraccións, o alcol ou a velocidade nos accidentes de tráfico, tanto en condutores como en peóns.

20 de outubro de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.