O programa Imos de Excursión visitará o zoo de Marcelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Concellería de Acción Cultural continúando coa programación de saídas e excursións promovidas desde os centros socioculturais para este ano 2105. A seguinte visita será ao zoolóxico de Marcelle, en Lugo. Dende o martes 6 de outubro a partir das 17 horas comezan nos centros socioculturais as inscricións para participar na excursión organizada ao parque zoolóxico de Marcelle e Lugo, prevista para o domingo 25 de outubro.

Esta excursión, preparada sobre todo para o goce dun público familiar, ten por obxectivo achegar aos participantes á riqueza da fauna e da natureza deste parque zoolóxico que se atopa cerca de Lugo. Comezará cunha parada na localidade de Guitiriz para logo dirixirse ao parque de Marcelle, cunha visita guiada de 2 horas de duración. Xa pola tarde o grupo poderá coñecer Lugo da man dunha guía oficial.

O prezo da excursión é de 25€ e non inclúe o xantar, que correrá a conta dos participantes. Inclúe o autocar, guía acompañante, guía oficial en Lugo, a entrada ao parque zoolóxico e o seguro de asistencia na viaxe. As inscricións para esta excursión son presenciais, non se admiten apuntamentos por teléfono, e cada persoa pode anotar a un máximo de dúas prazas.

6 de outubro de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.