O porto de Vigo recibe a máis de 4.500 persoas a bordo do ‘Ventura’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Ventura

Ventura

O Porto de Vigo recibirá ao longo da xornada de hoxe a máis de 4.500 persoas, entre pasaxe e tripulación, que chegarán a bordo do ‘Ventura’. Procedente de Southampton (Gran Bretaña), o ‘Ventura’ chegou á Estación Marítima ás 08.00 horas e está previsto que sobre as 17.00h., aproximadamente, poña rumbo a Lisboa (Portugal). Durante a súa estancia na nosa cidade traerá a bordo un total de 3.389 pasaxeiros e 1.198 tripulantes.

O ‘Ventura’ foi construído no ano 2008 e ten capacidade para acomodar a un total de 3.574 pasaxeiros e 1.226 tripulantes, ao longo dos seus 290 metros de eslora e 36 de manga.

A bordo, o pasaxeiro ten á súa disposición moitas áreas para o relax e o entretemento, entre as que destacan o  espectacular “lounge”, con vistas panorámicas, e inspirado na máxica cidade de Nova York, París e Sidney, ou as amplas e agradables zonas refrescantes, coas súas 5 piscinas, unha delas con xerador de ondas. 

A súa extensa oferta gastronómica, con restaurantes de todo tipo, e o seu tamén extenso programa ideado para os máis pequenos, son outros trazos que destacan deste buque de 115 mil toneladas de rexistro bruto. 

Para a amantes da arte, o Ventura conta cunha extensa galería con ao redor de 7.000 obras ao seu alcance. A bordo existen, ademais, unha infinidade de camarotes de moitas categorías, o 80% deles exteriores e o 90% dos exteriores con balcón privado.

26 de outubro de 2015 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.