O porto de Vigo recibe a 5.000 persoas a bordo do ‘Britannia’
O Porto de Vigo recibirá ao longo da xornada de hoxe a preto de 5.000 persoas, entre pasaxe e tripulación, que chegarán a bordo do ‘Britannia’, na súa quinta e última visita do ano ao Peirao de Transatlánticos, tras a súa escala inaugural o pasado mes de abril.
Procedente de Lisboa (Portugal), o ‘Britannia’ chegou á Estación Marítima ás 08.00 horas e está previsto que sobre as 16.30h., aproximadamente, porá rumbo a Southampton (Gran Bretaña). Durante a súa estancia na nosa cidade traerá a bordo un total de 3.585 pasaxeiros de catorce nacionalidades distintas, na súa maioría británicos (3.536 pax.), e 1.344 tripulantes.
Con capacidade para máis de 3.600 pasaxeiros, o ‘Britannia’ destaca, entre outras cousas, polo seu tamaño. Con 330 metros de eslora, é o maior cruceiro construído para o mercado británico e foi bautizado o pasado mes de marzo pola Raíña Isabel II.
Este buque conta co spa máis grande de todos os barcos de P&O e dispón dun total de 1.837 camarotes. Por primeira vez nun barco de cruceiros de P&O, todos os camarotes externos teñen balcóns. Dispón, ademais, de catro piscinas, unha delas dedicada aos adolescentes, ademais do coñecido como ‘Spa Oasis’.
Só os buques de P&O deixarán en Vigo máis de 86.000 pasaxeiros nun total de 30 escalas, fronte aos preto de 13.000 pasaxeiros rexistrados en 2014 nas 6 escalas realizadas ao longo deste ano polos buques da naviera.
A recuperación do volume de escalas de buques de Carnival UK, que aglutina á flota de P&O e Cunard, foi o froito dun intenso labor que a Autoridade Portuaria desenvolveu nos últimos meses, a través de varias reunións cos responsables decisores das distintas navieras que forman parte deste grupo.
As bonificacións de taxas e tarifas ao tráfico de cruceiros que se aplican no Porto vigués -presentes xa no pasado exercicio-, as melloras realizadas nas infraestruturas de cruceiros durante os últimos anos, ademais da calidade e eficiencia do servizo que sempre prestou a Terminal de Cruceiros, moderna e completamente equipada, fixeron posible a escala deste xigante do mar.
Así mesmo, este notable aumento do número de pasaxeiros de Carnival UK en Vigo débese á tendencia xeneralizada, ao longo destes últimos anos, de situar en Vigo barcos de grandes dimensións, debido á importante aposta pola seguridade realizada pola Autoridade Portuaria e a propia Terminal de Cruceiros. Un aspecto de vital importancia para as compañías de cruceiros, así como a fiabilidade e tranquilidade que ofrecen as augas resgardadas da Ría de Vigo, que aseguran a operatividade deste tipo de buques de forma ininterrompida as 24 horas, os 365 días do ano.











