O Pleno aproba os catro convenios referentes ás ARIs de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Pleno do Concello de Ourense vén de aprobar, por 24 votos a favor e 3 abstencións, catro convenios referentes ás áreas de renovación urbana de Ourense. Trátase do paso previo ás sinaturas dos convenios de colaboración co Ministerio de Fomento, logo de que a Xunta aprobase o día 8 deste mes a adhesión do Concello de Ourense ao programa de rexeneración e renovación urbana e solicitar a adopción das medidas procedentes para a tramitación dos acordos.

A contía dos acordos é a que segue:

Área de Rexeneración e Renovación Urbana Casco Histórico: 45 vivendas

Total: 771.351, 52 euros

Achega do Ministerio de Fomento: 269.973 euros (35%)

Achega do Concello de Ourense: 9.235,56 euros (1,20%)

Achega dos particulares: 492.142,86 euros (63,80%)

Núcleo de Seixalbo: 4 vivendas

Total: 138.557,56 euros

Achega do Ministerio de Fomento: 48.495,15 euros (35%)

Achega do Concello de Ourense: 8.348,13 euros (6,03%)

Achega dos particulares: 81.714,28 euros (58,97%)

Área de Rexeneración e Renovación Urbana Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada: 15 vivendas

Total: 257.117,13 euros

Achega do Ministerio de Fomento: 489.991 euros (35%)

Achega do Concello de Ourense: 9.268,99 euros (3,60%)

Achega dos particulares: 157.857,14 euros (61,40%)

Área de Rexeneración e Renovación Urbana Polvorín, Camelias e Carballeira: 111 viviendas

Total: 1.818.571,43 euros

Achega do Ministerio de Fomento: 641.435,85 euros (35%)

Achega do Concello de Ourense: 9.166,57 euros (0,50%)

Achega dos particulares: 1.182.071,43 euros (64,50%)

27 de outubro de 2015 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.