O Pazo de Raxoi recibe a visita dunha delegación de Wakayama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago de Compostela e a prefectura de Wakayama atópanse moi ligadas a nivel turístico polo Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Martiño Noriega recibiu, xunto con outros membros da corporación compostelá, a seis membros do Goberno e do Parlamento da prefectura de Wakayama, no Xapón. A esta rexión do país nipón pertence á cidade de Tanabe, cuxa delegación estivo tamén de visita institucional na cidade.

Á recepción no Salón Amarelo acudiron o gobernador de Prefeitura de Wakatama, Yoshinobu Nisaka; o Secretario de Asuntos Exteriores, Hiroyuki Tsui; o Xefe de Sección do Departamento de Cultura e Internacionalización, Takashi Nishida; o Presidente do Parlamento, Masatsugu Maeshiba; o Deputado do Parlamento Seiichi Tachitani e o Secretario administrativo do Parlamento, Takaya Iwatani.

Despois dese encontro, a delegación de Wakayama foi trasladada ao Salón Nobre do Pazo de Raxoi. No acto, Martiño Noriega e Yoshinobu Nisaka lembraron a unión entre Compostela e a rexión de Wakayama, que comparten a honra de ter declaradas as súas rutas de peregrinaxe Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: o Camiño de Santiago, e o Kumano Kodo.

16 de outubro de 2015 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.