publicidade hoxe

O “Pazo de Laia-Resort-Spa” foi declarado proxecto de interese municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Pleno de Palas de Rei

Pleno de Palas de Rei

O pleno do Concello de Palas de Rei aprobou a declaración de interés municipal o proxecto de  rehabilitación do Pazo de Laia (“Pazo de Laia-Resort-Spa”), con motivo da iniciativa do Plan de negocios destinado a converter o Pazo de Laia  nun complexo de turismo-gastronómico respetuoso co medio ambiente circundante, que contribuirá ao desenrolo económico e social do municipio de Palas de Rei e a xeración de novos postos de traballo.

A iniciativa empresarial, “Pazo de Laia-Resort-spa”, ponse en marcha despois de que os dous socios, un deles de nacionalidade venezolana e outro árabe, cerraran a compra cos propietarios do Pazo ata o momento actual. A finca, encóntrase nun estado de conservación regular e agora terán que reparala para poñela en marcha. Aínda que se trate de converter o Pazo nunha instalación de luxo, podrán acceder a ela, cidadáns de todos os status sociales. Ademais de incorporar servicios tradicionais de hotelería de élite tamén contarán cun hotel para peregrinos e outros espacios para turistas locales e extranxeiros. Entre os servicios dos que disporá atopase o de hotel-boutique de categoría turismo rural 3 estrellas. Diferenciarase das grandes cadenas por ofrecer unha clase de aloxamento, servicios e instalacións exepcionales e personalizadas. Terá 44 habitacións e algunha delas serán suites dobles con yacusi. O hotel ofrecerá cabalos de aluguer tours de todo tipo, quads para aluguer entre outros. Ademais dado que está ubicado na ruta xacobea tamén se construirá dentro dunha finca un hotel para peregrinos con 26 habitacións. Ademais os peregríns que chegen a cabalo disporán de establos para colocalos, asi como, tamén habrá un local para gardar bicicletas e disporase do servicio de transporte privado e traslado e recollida  e persoal multilingüe. A infraestructura contará tamén con servicios ao público en xeral, como por exemplo ximnasio, spa, pizzería, club de catas e viños, festivales gastronómicos, espazos para a celebración de banquetes familiares ou corporativos. Esta luxosa instalación supón unha inversión de 3,5 millons de euros.

Tamén nesta sesión plenaria, noutro dos seus puntos, se acordou aprobar a revisión da taxas municipales nun 2 %, tras varios anos sin actualizar.

22 de outubro de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.