O Pazo da Cultura de Narón acollerá a inauguración dunha exposición do pintor Manuel Carballeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A concelleira de Cultura de Narón, Marián Ferreiro, anunciou a inauguración, na tarde de mañá, da exposición “O sentir das miradas”, do pintor galego Manuel Carballeira, no Pazo da Cultura. O acto terá lugar ás oito da tarde.

O pintor, cunha dilatada traxectoria profesional e varios premios no seu haber, entre eles o primeiro do Concurso de Pintura “Cidade de Narón” deste ano, traerá ao Pazo algunhas das súas obras, que se poderán ver ata o vindeiro 20 de novembro, tal e como recordou a edil naronesa.

29 de outubro de 2015 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.