O October Fest ocupará a praza do Teucro de Pontevedra do 29 de outubro ao 2 de novembro
A October Fest ocupará a praza do Teucro, desde o xoves 29 de outubro ate o luns 2 de novembro. Unha vez mais, e van sete, o Pontevedra Rugby Club organiza esta cita lúdica, en torno a cervexa, co fin de dar a coñecer este deporte e recadar cartos para o club.
Cos prezos de pasado ano e o ben ambiente de sempre, a carpa do Teucro estará aberta de 12 a 24 horas. Alí poderase tomar cervexas e comer salchichas (branca, picante, xigantes de ata un metro) e codillo. O presidente do Pontevedra Rugby Club, Félix Fernández, subliñou o feito de que aínda sendo unha festa con alcohol “en todo este tempo nunca houbo incidentes ou altercados provocados por xente bébeda” o que vencellou ao ambiente familiar e de camaradería da festa. Estimou que na última edición pasaron polo recinto arredor de 25.000 persoas.
No arranque da October Fest –o día 29 de outubro, ás 13 horaspresentarase o videoclip de Isamanda no que ten unha especial presenza o club. Ademais se lle fará entrega do Trofeo co que en cada edición premian o traballo de aposta pola canteira ao Club de Natación Galaico Pontevedra. O Pontevedra Club Rugby ten 170 membros en todas as categorías agás un equipo feminino, que a día de hoxe están tentando crear.











