O mercado de San Agustín celebrará o I Festival do Bocadillo Gourmet en decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O mercado de San Agustín celebrará o próximo 5 de decembro o I Festival do Bocadillo Gourmet, un evento dirixido a “promocionar A Coruña como destino gastronómico” e que contará coa participación das tres escolas de hostalería da cidade, tal e como salienta o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema.

Durante a xornada, cociñeiros e cociñeiras da cidade e profesionais de prestixio do fóra protagonizarán un showcooking no mercado municipal, onde prepararán as súas especialidades en bocadillos. San Agustín dará espazo tamén ese día, en oito dos seus postos, a restaurantes locais, que tamén ofrecerán a súa proposta de bocadillo, e manterá aberta unha taberna para atender ao público. Durante o evento haberá amenización musical, da man dun DJ.

5 de outubro de 2015 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.