O Mercado das Flores de Vilagarcía abre as súas portas con dez postos de venta
Este mediodía rematáronse os preparativos de instalación da carpa que acollerá a partir de mañá o Mercado das Flores que floristas da Praza de Abastos e Concello organizan anualmente nas xornadas previas á festividade de Defuntos. Dez postos de venta distribuiranse comodamente baixo a carpa para facilitar una exposición máis atractiva do produto para un maior confort de floristas e clientes nestas datas de máxima actividade para o sector.
A feira floral desenvolverase entre mañá, xoves 29 de outubro e o domingo 1 de novembro no seu emprazamento habitual detrás entre a Praza de Abastos e a Ponte de Vista Alegre. O horario de funcionamento será de 8.30 da mañá a 20 horas da tarde de xoves a sábado e de e 10 a 13 horas, o domingo, Día de Defuntos.
A práctica totalidade das vendedoras de flores que operan na Praza de Abastos, tanto as floristas propiamente ditas como as produtoras de colleita propia, participarán no Mercado das Flores. En total serán dez os postos de venta que se habilitarán. Cinco para as floristas habituais e outros tantos nos que se instalarán as produtoras campesiñas.
A carpa ten unhas dimensións de 36 por 20 metros e o seu aluguer corre por conta das vendedoras, ao igual que o pago das taxas de ocupación do dominio público
A colaboración do Concello materialízase facilitando a loxística, instalación das bancadas de exposición e venta e encargándose da decoración da carpa, así como da instalación da iluminación. Todos estes traballos rematáronse este mediodía, polo que as vendedoras soamente terán que chegar mañá pola mañá e dispoñer o seu colorido produto para poder comezar a vender. Os postos son amplos para permitir unha exposición atractiva da enorme variedade de flores das que se dispón estes días e tamén para permitirlle as profesionais realizar os traballos de montaxe de centros, ramos e outros ornamentos florais.
O Mercado das Flores organizouse por vez primeira en 2009 coa finalidade de regular a actividade de venta de flores na Praza de Abastos e o mercadiño ambulante e impedir a competencia desleal. Con esta feira floral tamén se pretende crear un ambiente acolledor, amparar dos elementos climatolóxicos a vendedores e clientes e ofrecer unha imaxe máis organizada e profesional do sector nunhas datas nas que se rexistran as maiores ventas do ano.











