publicidade hoxe

O Grupo de Acción Costeira de Ría de Vigo A Guarda foi seleccionado como candidato a Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaBoiroCangasMoañaNigránO RosalRedondelaSoutomaiorVigoVilaboa
A-
A+

O Grupo de Acción Costeira de Ría de Vigo A Guarda, foi seleccionado como candidato a Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro, para o vindeiro período de programación 2014-2020, do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Por este motivo, o Grupo pretende poñer en marcha o proceso de elaboración da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP). Dita estratexia, orientará o novo marco de financiamento comunitario na zona pesqueira, que comprende aos concellos de Baiona, Cangas, A Guarda, Moaña, Nigrán, Oia, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Vigo e Vilaboa.

Dentro deste proceso, que se pretende que reúna unha ampla participación de axentes e entidades da nosa zona, contémplase a realización dunha serie de mesas sectoriais de traballo, que abordarán a elaboración da EDLP dende diferentes ámbitos: o pesqueiro, o económico (principalmente o turismo) e o do patrimonio natural e cultural.

Na primeira reunión afondouse na determinación dos principais obxectivos e liñas de acción para definir a estratexia. A reunión celebrouse o día 13 de outubro en Cangas (Centro Sociocultural de Cangas, Avda. Castelao, 4)

A segunda reunión, centrarase na definición de accións concretas para poñer en marcha a estratexia. A reunión celebrarase o día 27 de outubro, na Casa da Cultura de Vilaboa (Río Mayor, debaixo do viaducto da AP 9).

As mesas celebraranse ás seguintes horas:

– Mesa do ámbito pesqueiro: 17:30 horas
– Mesa do ámbito ambiental e do patrimonio: 18:30 horas
– Mesa do ámbito económico: 19:30 horas

26 de outubro de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.