publicidade hoxe

O Grove únese ás marchas contra a violencia machista do 7-N

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Deputación Provincial de Pontevedra puxo a disposición dos interesados autobuses gratuítos para acudir á manifestación que se celebrará en Madrid o vindeiro 7 de novembro. Trátase dunha marcha estatal que quere denunciar as violencias machistas que están tendo graves consecuencias nos últimos tempos, logo dun verán sanguento no que se acenderon tódalas alarmas e que fan necesaria unha implicación social e institucional para frear esta violencia.

Deste xeito haberá catro autobuses que sairán de Vigo, Pontevedra, Caldas, e Vilagarcía. Dende o Centro de Información a Muller (2º Andar do Edificio Administrativo) do Concello do Grove recolleranse inscricións ata o día 3 de novembro para poder reservar prazas no autobús que sae de Vilagarcía. Se o número de inscritos acada unha cifra significativa realizarase a recollida dos mesmos no propio Concello do Grove, se o número é reducido a saída programarase dende a zona TIR do Porto de Vilagarcía ás 23.30 horas do día 6 de novembro. 

Dende o Concello do Grove anímase a aqueles veciños e veciñas que queiran colaborar na expresión do rexeitamento que a violencia machista a que participen desta marcha. O apoio institucional á mesma xa quedou constatado na moción aprobada por unanimidade no pleno celebrado na tarde de onte polo que é preciso artellar accións e medidas que visibilicen o problema a sumen esforzos na busca dunha solución. 

27 de outubro de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.