O goberno vigués continúa coa recuperación do patrimonio histórico no Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero deu conta esta mañá das obras de recuperación que se están a acometer na bóveda da porta oeste da muralla do Castro. Deste xeito, o goberno local continúa coa recuperación do patrimonio histórico no Castro.

O goberno local continúa con traballos de recuperación do patrimonio histórico no Castro coa reparación da bóveda da porta oeste da muralla do Castro. Tal e como dixo o alcalde, trátase dun Ben de Interese Cultural que sufriu un lixeiro asentamento o que provocou a separación das pezas. De xeito inmediato, procedeuse a apuntalar e pechar o acceso ao recinto e nestes momentos xa se iniciaron os traballos de restitución do elemento ás súas condicións orixinais. Vaise baleirar a parte superior do arco e retirar a bóveda e, cando se volvan montar as pedras, reconstruirase o peto de ánimas existente.

8 de outubro de 2015 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.