O goberno municipal de Ourense mantivo reunións coa Xefatura de Sanidade, a xerencia de Ecourense e o Comité de Empresa para analizar os feitos acaecidos cos contaxios por Lexionela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O goberno municipal mantivo esta tarde reunións con Sanidade, o Comité de Empresa de Ecourense, e a propia xerencia da concesionaria co fin de recabar información e analizar pormenorizadamente os feitos acaecidos cos contaxios por Lexionela.

O primeiro encontro foi con representantes da Xefatura Territorial de Sanidade, co fin de cotexar e verificar a cronoloxía dos feitos, dende a detección do primeiro caso o pasado 27 de agosto. Neste encontro, se confirmou que trala inspección sanitaria desta mañá en Ecourense, ao detectar que a limpeza certificada pola empresa nos vehículos é incompleta, se lle require unha nova certificación completa no prazo de 48 horas para poder voltar a utilizar os vehículos precintados. 

A última hora da tarde, o goberno municipal mantivo unha reunión con representantes do Comité de Empresa de Ecourense. Os traballadores manifestaron a necesidade dunha maior comunicación interna coa concesionaria, así como a convocatoria de reunións periódicas co Comité de Riscos e Saúde. 

A última reunión tivo lugar coa xerencia de Ecourense, confirmándolle ao goberno municipal que se estivo realizando esta tarde unha limpeza con desincrustante e nova desinfección química con hipercloración. Se prevé que mañá finalicen estes traballos, dando así cumprimento aos requerimentos de Sanidade.

Mañá, o goberno municipal exporá todos os datos habidos no expediente informativo aos portavoces dos grupos políticos.

26 de outubro de 2015 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.