O Goberno municipal de Ames reúnese coa Asociación Española Contra o Cancro

Reunión con AECC
O alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, e a concelleira de Participación e Atención Veciñal, Isabel González, mantiveron unha xuntanza coa responsable de área da Asociación Española Contra o Cancro, María del Carmen Fernández. Tratouse dun primeiro encontro no que se abordaron varias iniciativas que se van a levar a acabo entre ambas entidades.
Esta reunión foi unha primeira toma de contacto coa Asociación Española Contra o Cancro na que o Goberno municipal abordou diferentes actividades e proxectos que pretenden levar a cabo en colaboración con esta entidade. Debido a que outubro é o mes de sensibilización contra o cancro de mama, o Concello de Ames pretende desenvolver algunha charla no local do Club de Xubilados do Milladoiro. Ademais desta primeira charla planificaranse outras nos centros escolares.
Este foi un dos asuntos tratados nesta xuntanza. Ademais, tamén se abordou a posibilidade de organizar algún tipo de evento solidario. Outra das cuestións que se abordaron foi a posibilidade de que algúns dos concelleiros/as do Goberno municipal amesá participen na andaina que vai a desenvolver esta asociación o vindeiro luns, 19 de outubro. A idea que teñen é percorrer o treito do Camiño de Santiago que discorre entre o Monte do Gozo e a praza do Obradoiro.
Segundo indicou o rexedor municipal “a idea que temos é colaborar con esta entidade tanto na organización de charlas coma de algún evento solidario. A nosa intención é comezar con estas actividades durante este mes, aproveitando que outubro é o mes de sensibilización contra o cancro de mama”. Por último, dende a Asociación Española Contra o Cancro informáronlle aos membros do goberno dos servizos dos que dispoñen: banco de perrucas, psicólogo e logopeda.











