O GAC organiza dous cursos de formación no sector pesqueiro en Bueu
Despois da reunión mantida o pasado mércores en Bueu para elaborar as estratexias de colaboración para os vindeiros anos, o Grupo de Acción Costeira 6, correspondente á ría de Pontevedra, organiza en novembro dous cursos de formación gratuítos para varios concellos da área . Así, a Praza de Abastos buenense vai acoller o venres 6 de novembro de 16.30 a 20.30 e o sábado 7 de 10 a 14 horas un curso sobre “Escabeches e mariñados” que se enmarcan no programa “Gacstroexperiencias culinarias”. Os interesad@s poden inscribirse gratuitamente ata o 30 de outubro no teléfono 881 21 30 51 e no correo gacpontevedra@gmail.com.
E para os que desexen realizar trámites en liña desde ordenador e móbil para xestión de produtos do mar, do 26 de outubro ao 23 de novembro de 18:15 a 21:30 vaise celebrar un curso de “MARTICs: E-administración para a xestión e comercialización de produtos do mar”. Neste curso aprenderase a tramitación electrónica do DNI-e e co certificado dixital, a xestión e comercialización on line da actividade pesqueira e marisqueira, e a visibilidade dun negocio nas redes sociais.
Este curso vai preferentemente dirixido a minoristas de produtos pesqueiros, mariscadoras/es, armadores/as, persoal de lonxa, e outros. Para inscribirse basta con contactar no 886 21 30 15 ou no correo gacpontevedra@gmail.com antes do 15 de outubro.











