O exame para selección dos peóns de limpeza en Bueu será o 10 de outubro
O exame para a selección dos peóns do servizo de limpeza do Concello de Bueu será o martes 10 de novembro ás 10 horas no Pavillón Municipal Pablo Herbello, tal e como se anunciou hoxe tras subir á web do Concello a resolución coa listaxe de admitidos.
Os 876 candidatos e candidatas terán que examinarse de vinte preguntas sobre elementos e coñecementos básicos de limpeza urbana, limpeza viaria, limpeza de praias e outros espazos de ocio e lecer, produtos de limpeza, limpeza de edificios públicos e seguridade e saúde no traballo.
Os contratos que se poderán establecer unha vez pasada a proba e feita a selección, serán de contratación temporal de interinidades, contrato de obra ou servizo, e eventual por circunstancias de produción.
Ademais, tal e como se adiantou fai unhas semanas, o Concello disporá de quince persoas máis contratadas con cargo ao segundo Plan de Conservación, e que se dividirán entre seis limpadores de limpeza, seis axudantes de xardinaría e tres peóns de construción.











