O escritor gastronómico Javier Ozores asinará nun supermercado en Santiago o seu libro ’52 semanas e un aperitivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O escritor gastronómico Javier Ozores asinará este martes en Santiago de Compostela exemplares do libro de receitas ’52 semanas e un aperitivo’ que Gadis publicou despois do éxito alcanzado en edicións anteriores. A sinatura de exemplares, segundo informou Gadis, terá lugar de 11,00 a 13,00 horas no supermercado que a compañía ten na rúa Fernando III na capital galega.

Para conseguir un dos 50.000 exemplares que Supermercados Gadis regala aos seus clientes, segundo explicou, é necesario reunir tíckets por valor de 250 euros en compras realizadas dende o 1 ao 31 de outubro en calquera punto de venda de Galicia e Castilla e León.

“A coidada selección de receitas incluída en esta edición prima a cociña familiar galega e castelán-leonesa propia de cada época do ano, intercalada con suxestións de países como Estados Unidos, Italia, Suíza, Holanda, Xapón ou Cuba”, destaca Gadis.

19 de outubro de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.