O domingo ábrese oficialmente a tempada de atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A Sociedade Ximnástica atópase inmersa estes días na preparación da próxima tempada, que xa está encima. Os atletas levan varias semanas adestrando para afrontar as próximas competicións e nestes días están a acabarse de perfilar os equipos absolutos da entidade pontevedresa, co peche, o sábado, do período de fichaxes.

A Federación aínda non terminou de elaborar o calendario de competicións, como sempre será durante o mes de novembro cando conclúa case na súa totalidade o proceso de designación de sedes e datas pendentes, a expensa da aprobación definitiva pola Asemblea Xeral.

Polo momento novembro está infestado de carreiras populares, con tres citas importantes, a carreira de Negreira o 8 de novembro e o 15 a de San Martiño de Ourense, sen esquecernos de Vigo +11, que desgraciadamente coincidirá con Negreira. Aínda que haberá que estar atentos ao comezo do campo a través a nivel nacional, o 15 de novembro toca Atapuerca, con presenza o ano pasado de atletas pontevedreses, o 22 a Espada Toledana en Toledo e o 29 o cros da Constitución de Alcobendas; mentres que en Galicia teremos o Guillelme Brown en Pereiro de Aguiar o 21, preludio do Belarmino Alonso en Vigo, o día 29.

Será en decembro cando se verán timidamente as primeiras probas de atletismo en pista, para chegar ao novo ano, cun xaneiro infestado de atletismo baixo teito.

29 de outubro de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.