O director xeral de Xustiza visita a nova sede do SCACE en Vigo

Juan José Martín na visita a SCACE en Vigo
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe o Servizo Común de Actos de Comunicación e Execucións (SCACE), que desde o pasado xoves opera con normalidade na súa nova ubicación, no Casco Vello de Vigo. O director xeral destacou que este servizo e moi importante polo seu carácter transversal a todos os xulgados e destacou a súa nova ubicación. O ano pasado o servizo realizou entre 25.000 e 30.000 notificacións e ao redor de 1.600 embargos e lanzamentos.
Como xa se anunciara no seu momento, o novo edificio contribúe á recuperación do Casco Vello de Vigo e axuda a paliar a falta de espazo nas sedes xudiciais da cidade, un labor ao que tamén axudará a ‘Cidade da Xustiza’, unha vez o Concello ceda os terreos á Xunta para a súa construción.
A sede do Servizo Común de Actos de Comunicación e Execucións conta con máis de 700 metros cadrados divididos en tres plantas e un local anexo, distribuídos entre as rúas San Sebastián e Abelaira Menéndez. A inversión total das obras realizadas no SCACE roldou os o millón e medio de euros.











