O departamento de Mocidade organiza 17 novos cursos e talleres para xóvenes nos últimos dous meses do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Concellaría de Mocidade pon a disposición dos mozos e mozas da cidade unha serie de actividades formativas para atender aos seus intereses e motivacións, en colaboración con profesionais e colectivos locais especializados en diversos sectores. A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou o calendario de cursos e talleres para os meses de novembro e decembro. A participación en todos é de balde.

Os cursos abranguen diferentes ámbitos, como a lingua de signos, a busca de emprego, a fotografía ou a pintura. En canto aos talleres, a oferta da Concellaría achégase á cociña desta época do ano, á calceta e o gancho, ao scrapbooking e ao traballo en coiro. O calendario complétase este ano con outra edición da actividade “Love coaching”, destinado a traballar as relacións afectivas e a celebrar en novembro e decembro.

Para participar en todas as actividades, terán prioridade aquelas persoas empadroadas no Concello de Santiago. Non obstante, no caso de quedar vacantes, poderanse atender outras solicitudes.

Moitas das actividades terán lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, pero tamén haberá cursos e talleres nas sede das entidades colaboradoras. A duración e periodicidade das actividades tamén é variada.

30 de outubro de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.