O Consello Municipal da Cultura de Bueu terá lugar o martes 6 de outubro
O Concello de Bueu celebra mañá, 6 de outubro, o Consello Municipal da Cultura ás 20 horas no salón de plenos e á que están convidadas todas as asociacións culturais da vila. Nesta reunión tratarase o tema do borrador das bases de subvencións para actividades culturais e o funcionamento das asociacións que desenvolven a súa actividade cultural no municipio buenense.











