O Consello da Xunta aproba o escudo e a bandeira da entidade local menor de Pazos de Reis
O Consello da Xunta deu onte o visto e prace ós decretos polos que se establece a conformación oficial da bandeira e o escudo da entidade local menor de Pazos de Reis, no concello de Tui.O escudo é “De sinople (verde), un muro de ouro (amarelo) sumado dunha cruz trebolada”; e a bandeira é “Un pano verde co muro de amarelo sumado da cruz trebolada. Terciado ó batente de amarelo.”











