publicidade hoxe

O conselleiro de Política Social anima aos centros sociocomunitarios a continuar co seu traballo en prol das persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no mediodía de hoxe nun xantar cos participantes da andaina de Centros Sociocomunitarios da provincia de Ourense que se desenvolveu na localidade de Celanova. Desde alí e tras insistir no xiro social da Xunta de Galicia que se confirma co incremento de 282 millóns de euros no gasto social para o vindeiro exercicio, o conselleiro enviou unha mensaxe de ánimo aos responsables dos centros para continuar traballando en prol dunha tarefa “tan reconfortante” como é axudar ás persoas.

Na xuntanza na que tamén participaron a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, e da delegada territorial da Xunta en Ourense, María Sol Díaz, o responsable da carteira de Política Social enxalzou o traballo dos Centros Sociocomunitarios de Benestar, adscritos á Consellería, e valorou o completo programa de actividades, abertas a toda a poboación, que se estruturan en torno a tres eidos básicos: as novas tecnoloxías, o coidado da condición física e mental e o lecer.

Nas súas verbas, Rey Varela lembrou a importancia do convenio asinado pola Consellería de Política Social ano tras ano coa Fundación La Caixa para o desenvolvemento de proxectos sociais destinados a persoas maiores. Un acordo que xa permitiu, ademais, renovar o mobiliario e o equipamento das instalacións dos centros. Ao abeiro deste convenio xa se viron beneficiados máis da metade dos Centros Sociocomunitarios de Benestar de titularidade autonómica.

20 de outubro de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.