publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello do Carballiño repartiu case a metade de invitacións para a Festa do Pulpo que en edicións anteriores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Os actuais reponsables municipais, seguindo na linea de transparencia municipal instaurada dende a toma de posesión do novo grupo de goberno, comtabiliazaron as invitacións entregadas para a pasada edición da Festa do Pulpo de 2015, obtendo nese reconto un total de 341, que sumadas as 885 tarxetas que se venderon para esa mesma celebración, dan un total de 1.226 comensais que xantaron no recinto oficial este pasado mes de agosto.

Este recuento foi reliado despois de que dende o grupo municipal do BNG se criticara o despilfarro de invitacións o recinto oficial da Festa do Pulpo (despois de recibir as contas desta edición do grupo de goberno, algo que nunca se fixo nos ultimos anos). Según o BNG foran 1.600 persoas as que xantaron nese recinto, e maís de 600 o fixeron convidados polo concello, datos que non se corresponden ca realidade.

Desglosando o capitulo de invitacións se destaca as 132 entregadas os distintos patrocinadores(cuias aportacións económicas son imprescindibles para o desenrolo duna festa como a do pulpo, que se prolonga por máis de una semana), ou as 80 para os membros das forzas de seguridade que traballaron ese día, e que como cada ano, se lles convida a xantar. Pero o edil de Turismo, Manolo Dacal, destacou as invitacións solicitadas polos distintos grupos municipais do Carballiño, nese capitulo o PP levou 13 invitacións, o grupo Veciñal Nos 2, o PsdeG-PSOE 8 e o BNG 2, as que se engaden outras 6 solictadas polo voceiro nacionalista Chema Ferreiro a maiores das que solicitou o seu grupo municipal, en total 8 invitacións. 

Noutro apartado estiveron as 4 invitacións para represnetantes da Xunta de Galicia, 3 para a Deputación Provincial, 8 para alcaldes da bisbarra e 3 para exalcaldes, 17 para colectivos veciñais e profesionais do Carballiño, 20 para medios de comunicación, 4 para o persoal municipal que fixo labouras de mantenemento durante a celebración dese xantar, 10 para o sorteo en medios de comunicación, e 5 para colaboradores da Festa, sen esquecer as 4 das Forzas Armadas.

Manolo Dacal sinalaba que “dende que iniciamos este periodo municipal o noso obxeito foi a transparencia e, sobre todo, reducir os gastos municipais, sen reducir servizos, e desta forma poder ofrecer ainda máis os veciñs e veciñas. Por elo cabe destacar que non etendemos as criticas do señor Ferreiro xa que nesta edición do Pulpo foi das que menos invitacións se diron, xa que entedemos que debe ser una festa que tamen xenere ingresos e debemos dar exemplo, como o fixemos dende o noso grupo municipal no que so se diu unha invitación por concelleiro”.

9 de outubro de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.