publicidade hoxe

O Concello do Carballiño recupera a tradición das tapas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O edil de Turismo Manolo Dacal manterá este venres unha reunión cos hosteleiros da vila, co obxetivo de recuperar a tradición das tapas no Carballiño, e artellar entre todos, concello e profesionais da hostelería, o xeito de levar a cabo una programación que oferte a vila carballiñesa como un destiño para desfrutar de boas tapas, dinamizando deste xeito tanto a hostelería como o comercio local “pedras angulares da nosa economía”.

 A reunión terá lugar no salón de plenos, este venres, as 17:00 horas, e nela Dacal exporá os hosteleiros a posibilidade de crear un fin de semana o mes de tapas, onde os profesionais ofertarian estas racións con productos de tempada, e o mesmo tempo que os clientes participen en sorteos con importantes premios, o que atraeria aninda màis o público de fora da vila.

A intención é que estas xornadas de tapas se celebren durante todo o ano, e que teñan en cada mes un aliciente distinto o anterior, marcando unha acitividade dinámica e do agrado dos veciños e visitantes, con incorporación de alicientes puntuais.

22 de outubro de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.